Thursday 25 de April de 2024

O GES de Brión colabora na asistencia a un accidente entre dous vehículos con tres persoas feridas na AC-453 en Covas (Ames)


O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión participou esta tarde no operativo de asistencia a un accidente pola colisión frontolateral de dous vehículos na AC-453, á altura do cruce do Lombao, en Covas (Ames). Un accidente no que resultaron feridas tres persoas, unha delas un peregrino que camiñaba pola beirarrúa.

Os técnicos do GES brionés recibiron o aviso do 112 ás 11:25 e desprazáronse ata o lugar do sinistro no BUL, ata onde se desprazaron tamén 061, a Garda Civil de Tráfico e Policía Local de Ames. Unha vez aló, realizaron tarefas de limpeza da estada, volvendo á base ás 13:15 horas.